Thursday 28 de March de 2024

Alternativa esixe información das intervencións e obras nos centros escolares


Alternativa dos Veciños solicitará no próximo Consello Escolar Municipal que se informe das obras que serán realizadas nos centros escolares de Cambre para o inicio do próximo curso.

Alternativa solicitará a previsión por parte do Concello, que non tivo os anteriores cursos, para que de forma dilixente cometa as reparacións e obras necesarias de competencia municipal. Garantindo que no inicio do vindeiro curso todos os centros escolares sexan aptos para o seu uso por parte do alumnado.